Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Acto solidario contra a invasión eólica

Evento xa rematado

O mércores 30 de Agosto, no Aturuxo Bar de Bueu, haberá un concerto solidario coa campaña #tipodesparalos contra a invasión eólica. Contará ca presenza de O Sonoro Maxín, Zeltia Irevire, Michu da Rocha e Peter SéLeK

A actividade está organizada pola Asociación Alarma na Terra de Montes, Tarabelas na Terra de Montes, Plataforma Eólicos No Morrazo Non, Encontro Burla Verde e Asociación Ecoloxista ADEGA.