Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ciclo Miradas Derredor: Biografías II- Bueu nos seus Alcaldes 1812-2023

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza o ciclo de conferencias ‘Miradas derredor’, que se celebrará todos os mércores de agosto ás 20.30 horas no Centro Social do Mar, e que busca poñer en valor a historia da vila así como recuperar as súas voces culturais e literarias ao longo do tempo. A iniciativa, que naceu hai cinco anos, propón un achegamento temático a distintas cuestións e personalidades, todas elas con vínculos creativos e históricos coa vila de Bueu, que merecen ser recoñecidas, investigadas, promovidas e, pola súa xuventude e e talento, dándolles a oportunidade de ser coñecidas e admiradas.

O 30 de agosto o historiador local Arturo Sánchez Cidrás ofrecerá a charla “Biografías II: Bueu nos seus Alcaldes 1812-2023”, na que fará un percorrido histórico e humano das figuras que tiveron ao longo do tempo a responsabilidade de xestionar o goberno da vila de Bueu.