Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

XXI Festival de Bandas de Música do Morrazo

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza esta fin de semana, xunto á Banda de Música Artística de Bueu, o XXI Festival de Bandas de Música do Morrazo, que terá lugar na carpa instalada nas Lagoas e que reunirá na vila ás agrupacións musicais de Bueu,
Cangas, Moaña e Marín.

A cita comeza o venres 28 co concerto ás 21.00 horas da Banda de Música Artística de Bueu, a Banda de Música Airiños do Morrazo de Moaña, a Banda de Música Belas Artes de Cangas e Banda de Música de Marín. Tras isto, terá lugar a actuación
do grupo M80 ás 22.00 horas. A aposta musical continuará o sábado 29 cos actuacións do grupo Os Palleta Mollada (12.30 horas) e The Soulful Trío ft. Geni Gen (22.00 horas), seguido de DJ Milucho Show e rematará o domingo 30 coa actuación do artista Copa Music. Ademais, o evento contará cun posto para degustación dos viños das bodegas da Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo así como outro posto para a degustación dun menú variado.