Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub Bueu: «Unicorn Wars»

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu organiza este mes de maio un Ciclo de Cinema Galego. O 12 de maio poderase ver «Unicorn Wars» ás 21 horas no Centro Social do Mar. A cota de entrada é de 2.00 € para soci@s e de 4.00 € para non soci@s.

SINOPSE: En Unicorn Wars, o cineasta Alberto Vázquez asina unha película que mediante a fantasía animada reflexiona sobre a orixe do mal.

O exército osiños adoutrina a novos recrutas para conducilos á guerra que comezaron contra os unicornios porque cren que ameaza a seguridade do seu pobo.

Os irmáns Azuliño e Gordi, xunto a un inexperto grupo de recrutas, serán enviados a unha perigosa misión para salvar o Bosque Máxico… estarán os osiños preparados para elo?