Presentación libro: «O home que matou a Antía Morgade» de Arantza Portabales
Evento xa rematado
-
Data
13 abril, 2023
-
Hora
7:00 pm - 9:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
A Libraría Miranda organiza o 13 de abril a presentación do libro O home que matou a Antía Morgade, de Arantza Portabales, nun acto que terá lugar ás 19 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar. A autora estará acompañada por Tensi Xesteira, do blog Lecturafilia.
SINOPSE: Seis amigos reencóntranse despois de vinte anos nunha cea o 24 de xullo de 2021, en Santiago de Compostela. Baixo o estrondo dos brindes e dos fogos artificiais, un disparo remata coa vida dun deles.
O inspector Santiago Abad e a subinspectora Ana Barroso terán que enfrontarse a este crime nunha nova e apaixonante investigación, e to-do apunta a que é, no pasado común deses comensais, onde se atopa a chave da súa resolución. Un tempo adolescente en que eses seis amigos compartían un piso de menores tutelado e onde aconteceu unha traxedia que marcou a todos para sempre: a morte da súa compañeira Antía Morgade.
Nunha carreira contra o reloxo, Abad e Barroso deberán dar o mellor deles para evitar un novo asasinato entre un mar de mentiras, segredos e desconfianzas.