Curso autoestima para mulleres
Evento xa rematado
-
Inicio
16 enero, 2023
10:00 am -
Fin
6 febrero, 2023
12:00 pm
- As persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente no correo psicologacim@concellodebueu.gal ou no teléfono 986324395
O Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Bueu e a Asociación por Beluso (Asbel) organizan a comezos de ano un novo taller para reforzar a autoestima das mulleres, co que se pretenden ofrecer ferramentas para que poidan exercer unha vida plena e valorar as propias capacidades.
O curso desenvolverase os días 16, 23 e 30 de xaneiro, e 6 de febreiro, e as inscricións deben facerse de balde antes do 13 de xaneiro a través do teléfono 986324395 ou no correo psicologacim@concellodebueu.gal.
O taller estará impartido por Beatriz Monroy, psicóloga do CIM, e nel abordaranse cuestión como a definición da autoestima e a súa construción, exercicios para a confianza persoal, técnicas para descubrir os recursos persoais e afrontar os pensamentos negativos, así como a creación dun discurso sobre a propia valoración persoal. O obxectivo é que as participantes poidan modificar as súas debilidades e mellorar as súas fortalezas para lograr avances na súa vida persoal e profesional.