Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno ordinario setembro 2022

O salón de plenos do Concello de Bueu acollerá o 12 de setembro ás 21 horas a sesión plenaria ordinaria da corporación municipal, que tamén se poderá seguir en directo dende a canle de YouTube municipal.

Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2022-0010, extraordinaria do 29.07.22).
A.2.- Toma de posesión do cargo de concelleiro na corporación municipal de D. Manuel Barreiro Regueira como concelleiro do PSdeG-PSOE en substitución de María Elisa Dios Ríos. Expediente 2052/2022.
A.3.- Proposta da alcaldía de aprobación inicial do expediente de modificación de créditos 9/2022 por transferencia de créditos 3/2022 por importe de 42.500,00 euros. Expediente 1876/2022.
A.4.- Proposta da alcaldía de determinación dos festivos locais para o ano 2023. Expediente 2790/2017.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta ao pleno das liñas fundamentais do orzamento para o ano 2023. Expediente 2030/2022.

B.2.- Dación de conta do informe sobre morosidade e período medio de pagamento relativo ao segundo trimestre do exercicio 2022 Expediente 1005/2022.
B.3.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.4.- Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.


C) ROGOS E PREGUNTAS