Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Formulario de Inscrición

No marco da XXI Festa do Polbo, o Concello de Bueu organiza este venres, 12 de agosto, a ruta gastronómica «Bueu e o polbo«, a través da que ofreceremos un percorrido por todo o proceso dende a captura ata o consumo do Polbo das Rías.

A ruta ten un custe de 6.00 euros por persoa, e constará dunha saída interpretativa por espazos como o Estaleiro de Purro, o Museo Massó, a lonxa, e as embarcacións tradicionais. A inscrición debe levarse a cabo a través deste formulario web ou ben no teléfono 986390029 (ext.5) ou no enderezo electrónico turismo@concellodebueu.gal.

A inscrición será confirmada telefonicamente ou por correo electrónico por parte do Concello de Bueu, a través do cal se comunicará tamén o número de conta bancaria para o pagamento.