Letras Galegas Novos Ventos
Evento xa rematado
-
Inicio
14 mayo, 2022
5:00 pm -
Fin
15 mayo, 2022
7:00 pm -
Casa do Pobo de Beluso
Rúa Nova de Arriba, s/n - Beluso
A Asociación Cultural Novos Ventos, coa colaboración do Concello de Bueu e da Deputación de Pontevedra, programará na Casa do Pobo da parroquia diversos eventos tanto para a cativada como para o público adulto. O 14 de maio ás 17 horas, terá lugar unha sesión de contacontos para os nenos e nenas, coa obra O ladrón de paraugas a cargo de Bandullo Azul.Trátase da adaptación dun libro homónimo, recén estreado e escrito por Xosé Lueiro (filólogo pola USC, normalizador lingüístico e músico), que convida á reflexión sobre a fraternidade entre culturas a través dunha bonita historia protagonizada polo gato Fazulas. A continuación desenvolverase a presentación e sinatura dos libros de partiturasPezas guapas para gaita, zanfona e acordeón Xosé Manuel Fernández «Muxicas», e o monólogo “A filla do Juevo” a cargo de Antía Costas.
O domingo, a partir das 17 horas, desenvolverase un obradoiro de iniciación ao baile tradicional no Parque Joe Novas, seguido cun concerto de acordeireta no salón de actos da Casa do Pobo.