Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «La ley de mi segunda oportunidad» de Álvaro Agulla

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o xoves 7 de abril a presentación do libro La ley de mi segunda oportunidad, do xornalista bueués Álvaro Agulla. No acto, que terá lugar ás 20.00 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar, participarán Feliciano Nogueira e José G. Cuervo.

SINOPSE: Este traballo, ademais de contar unha experiencia propia, ten como obxectivo fundamental dar a coñecer a Lei de mecanismo de segunda oportunidade, redución da carga financeira e outras medidas de orde social, unha opción que pode axudar a miles de autónomos e particulares a ter a posibilidade dunha segunda oportunidade a pesar de ter ‘fracasado’ na súa experiencia profesional ou vital a nivel económico. O libro pon de manifesto que o camiño a percorrer non é nada doado e, no seu caso, o autor tivo que lidar ademais de cos trámites e esixencias desta lei, con todas as consecuencias persoais, profesionais, económica e psicolóxicas derivadas da pandemia. En definitiva, a través da súa experiencia persoal ofrece unha fantástica guía do que pode ser a solicitude, a tramitación e a resolución da Lei de Segunda Oportunidade, descoñecida para unha gran parte da poboación, en especial, a da capa da sociedade que máis a pode precisar, a máis humilde.