Convocatoria pleno marzo 2022
A corporación municipal de Bueu celebra o próximo luns, 7 de marzo, unha sesión plenaria ordinaria, que terá lugar ás 20.00 horas no Centro Social do Mar. A sesión tamén se poderá seguir en directo a través da canle de YouTube municipal.
Os asuntos que compoñen a orde do día son:
A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2022-0002, ordinaria do 07.02.22).
A.2.- Proposta da alcaldía de aprobación da addenda ao convenio para a asunción pola administración xeral da comunidade autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso dos corpos da policía local e as prazas de auxiliares de policía local. Expediente 119/2022.
A.3.- Proposta do concelleiro delegado de urbanismo, vivenda e infraestruturas públicas de aprobación inicial do inventario de camiños de titularidade municipal da parroquia de Bueu. Expediente 3150/2021.
A.4.- Moción do GPM do PP para o mantemento urxente do campo de fútbol da Graña.
A.5.- Moción do GPM do PP para a instalación dunha rede de recarga de vehículos eléctricos.
A.6.- Declaración institucional dos GPM do concello de Bueu con motivo do 8 de Marzo, día internacional das mulleres 2022.
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta ao pleno dos marcos orzamentarios para os anos 2023 – 2025. Expediente 484/2022.
B.2.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.3.- Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
C) ROGOS E PREGUNTAS