Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno extraordinario novembro 2021

A corporación municipal de Bueu celebrará este martes, 30 de novembro, unha sesión plenaria extraordinaria que terá lugar ás 12.00 horas no Centro Social do Mar. Nela debaterase a proposta de aprobación definitiva do orzamento, cadro, catálogo e anexo de persoal do concello de Bueu para o exercicio 2021.

A sesión tamén se poderá seguir dende a canle de YouTube do Concello de Bueu.