O Concello abre o prazo de licitación para o subministro dun aseo autolimpable nas Lagoas
- O presentación de ofertas poderase realizar ata o 1 de setembro e o orzamento ascende a 38.720 €
O Concello de Bueu abre o prazo de licitación para o subministro dun aseo autolimpable, orzamentado en 38.720 €, IVE engadido. As empresas interesadas en concorrer a este procedemento, financiado con cargo a unha subvención da Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia, disporán de prazo ata o 1 de setembro.
O aseo instalarase na zona próxima ao parque infantil das Lagoas, un espazo moi utilizado polas familias. Segundo apunta Félix Juncal, alcalde da vila, “trátase dun servizo moi demandado pola cidadanía sobre nas áreas máis transitadas durante todo o ano”. Este baño autolimpable, que será de uso gratuíto, complementarase con outros dous de características similares que se ubicarían no Paseo de María Eugenia e na Praza Massó, espazos nos que se concentra unha gran cantidade de cidadanía e onde estes servizos son máis necesarios.
Segundo se establece nos pregos de prescricións técnicas, os aseos serán cabinas autolimpables para uso mixto, antivandálico, cunha superficie útil para usuarios/as de 5,50 metros cadrados, e con materiais homologados, impermeables, non absorbentes, antivandálicos e resistentes ao desgaste. Cada aseo incluirá un inodoro de porcelana, unha barra de apoio mural e abatible, un moble lavamáns, un dispensador para papel hixiénico, unha papeleira, perchas escamoteables para evitar golpes ou accidentes, xerador de ozono para desinfectar, e sistema de ventilación.
Toda a información sobre o procedemento de licitación pode consultarse na Plataforma de Licitación do Estado, con ligazón dende a web municipal.