Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo Convida 21: representación teatral de Avelino González

Evento xa rematado

O Concello de Bueu presenta por segundo ano consecutivo o programa de actividades do ‘Espazo Convida 21’, que ofrecerá durante os meses de xullo e agosto diversas alternativas de ocio e cultura para a rapazada e as familias.

Así,  o xoves 22 de xullo, a Casa da Aldea de Meiro acollerá a partir das 21.30 horas a actuación musical de Avelino González, un actor, contador, monologuista e traductor… En televisión, participou en series como Serramoura, Pazo de Familia o Padre Casares, Hospital central, Cuéntame o Seis hermanas.

Ao igual ca o ano pasado, o Concello establecerá medidas para cumprir con todos os protocolos Covid-19 da Xunta de Galicia e facer que a cultura poida gozarse en espazos seguros, de aí que se aposte polos lugares ao aire libre. Así mesmo, controlarase o aforo e levarase a cabo a desinfección de todas as cadeiras, que estarán perfectamente separadas e limpas, e tamén se recomenda que a cidadanía se inscriba previamente a través dos formularios habilitados na páxina web www.concellodebueu.gal.