Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo Convida 21: «Isla LeTriska»

Evento xa rematado

O Concello de Bueu presenta por segundo ano consecutivo o programa de actividades do ‘Espazo Convida 21’, que ofrecerá durante os meses de xullo e agosto diversas alternativas de ocio e cultura para a rapazada e as familias.

Así,  o martes 10 de agosto, o Parque Novas de Beluso acollerá a partir das 21.30 horas o espectáculo de maxia infantil «Isla LeTriska». Desde a ilusionante escena do Novo Circo galego, en máis dunha década de carreira, Isla LeTriska xamais se acomodou nunha mesma vertente artística. Flutúa, viaxa, explora. Dese xeito, é capaz de crear un espectáculo para o circuíto de salas tan exitoso como é Fermín Noite para despois regresar ás orixes co seu espectáculo de rúa máis refinado e clásico. Isla mantén a estética e a liña humorística dos grandes pallasos arxentinos nunha conexión directa co público, na que as falcatruadas agroman a cada pouco.

Ao igual ca o ano pasado, o Concello establecerá medidas para cumprir con todos os protocolos Covid-19 da Xunta de Galicia e facer que a cultura poida gozarse en espazos seguros, de aí que se aposte polos lugares ao aire libre. Así mesmo, controlarase o aforo e levarase a cabo a desinfección de todas as cadeiras, que estarán perfectamente separadas e limpas, e tamén se recomenda que a cidadanía se inscriba previamente a través dos formularios habilitados na páxina web www.concellodebueu.gal.