Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno ordinario novembro

O 2 de novembro celebrarase o pleno ordinario da corporación municipal, que terá lugar ás 19.30 h no salón de plenos da Casa Consistorial. Dadas as restricións establecidas pola Covid-19, a sesión emitirase en directo a través da canle de Youtube do Concello de Bueu e da páxina de Facebook municipal, sen posibilidade de asistencia presencial.

Os asuntos que forman parte da orde do día son os seguintes:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2020-0010, ordinaria do 05.10.20).
A.2.- Proposta de aprobación da Conta Xeral correspondente ao exercicio 2019. Expediente 1338/2020.
A.3.- Moción do GPM do PP para a designación urxente de delegado de protección de datos. Expediente 805/2017.
A.4.- Moción do GPM do PP de apoio ao comercio local. Expediente 805/2017.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Comunicación da alcaldía a efectos de dación de conta ao Pleno da corporación da concesión de subvención ao abeiro do Plan Concellos 2020. LIÑA 1. Expediente 1286/2020.
B.2.- Comunicación da modificación na composición da comisión informativa permanente de Asuntos Xerais e da comisión informativa permanente de Facenda e Especial de Contas respecto aos concelleiros do GPM BNG. Expediente 1518/2019.
B.3.- Dación de conta ao Pleno do Decreto 2020-1400 polo que se aproba o Plan de Acción 2020 e do Informe de Intervención de valoración, elaborados en virtude do establecido no artigo 38 do RD 424/2017, de 28 de abril. Expediente 1338/2020.

B.4.- Dación de conta do informe de morosidade e PMP 3º trimestre 2020. Expediente 1231/2020.
B.5.- Dación de conta do informe de execución do orzamento do concello correspondente ao 3º Trimestre 2020. Expediente 2935/2020.
B.6.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal dende a derradeira sesión ordinaria.
B.7.- Dación de conta das resolucións de alcaldía ditadas dende a derradeira sesión ordinaria do Pleno.

C) ROGOS E PREGUNTAS