Espazo escénico: ‘Rogelio’ de Assircopatas
Evento xa rematado
-
Data
4 agosto, 2020
-
Hora
9:00 pm - 10:00 pm
-
Praza Massó
Praza Massó, s/n, 36930, Bueu
O Concello de Bueu organiza durante todo o verán o programa Convida 2020, que ofrecerá espectáculos musicais, escénicos e cinematográficos para toda a familia. Todos estes eventos contan coas garantías de seguridade e saúde establecidas con motivo da Covid-19, polo que son totalmente seguros.
O 4 de agosto, ás 21.00 h, a Praza Massó acolle o espectáculo ‘Rogelio’ a cargo da compañía Assircópatas.
SINOPSE: Rogelio leva pechado na súa casa vinte anos. No instituto facíanlle bullying. Despois de ler a Paulo Coelho e seguir unha terapia de 12 pasos, está no último chanzo. Paso número 12: facer en público o que máis lle gusta, a maxia. Se hoxe sae todo ben, danlle a alta médica. Pero claro, só poderá curarse coa axuda do público.
Un espectáculo de clown dende un pallaso que non ten moito filtro e que precisa do público como un elemento máis do espectáculo. Maxia, escapismo, humor e moitas sorpresas máis.