Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno ordinario xullo

O 6 de xullo terá lugar a sesión plenaria ordinaria da corporación municipal, ás 21.00 h no Salón de actos do Centro Social do Mar.

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2020-0005, ordinaria do 01.06.20).
A.1.2.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2020-0006, extraordinaria do 16.06.20).
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta das resolucións de alcaldía ditadas dende a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
B.2.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal dende a derradeira sesión ordinaria.
C) ROGOS E PREGUNTAS

O público asistente á sesión deberá cumprir, en todo momento, as medidas de distanciamento e seguridade impostas pola autoridade sanitaria competente e polo concello de Bueu e especialmente as seguintes:
1º.- Cumprir coas distancias de seguridade (mantemento da distancia interpersoal en todo momento)
2º.- Evitar cruces cando se faga uso de pasos ou vías estreitas onde non se poidan gardar as medidas de seguridade, de ser o caso,
3º.- Deberán acudir provistos de mascarilla e realizar a hixiene de mans obrigatoria á entrada e saída do salón de actos facendo uso dos produtos de limpeza de mans (xel hidroalcohólico) situados en zonas comúns do Centro social do Mar
4º.- Seguir, en todo momento, as indicacións do concello contidas nos carteis
informativos.
5º.- Calquera persoa que experimente algún dos síntomas máis comúns compatibles con COVID-19, tales como febre, calafríos, tose, sensación de falta de aire, diminución do olfacto e do gusto, dor de garganta, dores musculares, dor de cabeza, debilidade xeral, diarrea ou vómitos non debe acudir á celebración da sesión.