Espazo Cinema: «Paddington 2»
Evento xa rematado
-
Data
8 julio, 2020
-
Hora
10:30 pm - 12:00 am
-
Praza Massó
Praza Massó, s/n, 36930, Bueu
O Concello de Bueu presenta o programa ‘Bueu Convida’, unha iniciativa de cinema na rúa que se poñerá en marcha varios días do mes de xullo ás 22.30 h na Praza Massó, e que busca achegar títulos para o público familiar. Dende a concellaría de cultura apóstase por esta actividade, moi demandada entre a cidadanía e que xa forma parte do calendario estival. Iso si, este ano adaptaranse as medidas de seguridade e hixiene por mor da Covid-19.
O programa arrancará o 8 de xullo coa proxección de Paddington 2, unha comedia para público familiar protagonizada polo inesquecible oso Paddington.
SINOPSE: O oso Paddington xa se atopa plenamente integrado na casa da familia Brown, e converteuse nun membro moi popular da comunidade de Windsor Gardens. A súa tía Lucy cumpre 100 anos e el ten o agasallo perfecto para ela: un marabilloso libro pop-up da tenda de antigüidades de Mr. Gruber. Para poder mercar o libro, Paddington decidirá realizar unha serie de estraños traballos. Pero todo se complica cando o libro é roubado.