Xestión de apertura de terrazas
Tal e como xa se adiantou a semana pasada, ante a próxima apertura das terrazas da hostalaría, o Concello de Bueu está xestionando un plan con cada local para que cumpra coas máximas garantías de seguridade. As persoas que dispoñan dun establecemento hostaleiro na vila poderán poñerse en contacto coa concelleira de promoción económica e turismo, Silvia Carballo, no enderezo electrónico silvia@concellodebueu.gal.