O Concello elixe os traballos gañadores dos certames educativos ‘A igualdade no traballo’
Este martes reuniuse nas dependencias do Centro de Información ás Mulleres (CIM) o xurado dos concursos de viñeta e ilustración e o literario ‘A igualdade no traballo’, conformado por Josefa Mosteiro García, profesora da USC do máster de xénero, Ramón Torrente, psicopedagogo, Montserrat González, directora do Centro de Información ás Mulleres de Bueu, e Ana Isabel Otero, concelleira de igualdade.
No XIV concurso de viñeta e ilustración, existen dous primeiros premios para a ESO, concretamente para os deseños de Marina Vidal de la Torre (imaxe elixida para a campaña de Educación Non Sexista do 2021) e o de Lucía Pérez Pereira, ambas de 4º da ESO do CPR Virxe Milagrosa. No caso do Certame Literario acadou o primeiro premio Xabi Martínez Pena, de 5º de primaria do CEIP Plurilingüe A Torre de Cela, pola súa poesía “A miña super tataravoa”. Ademais, acadaron mencións especiais os traballos de Candela Castro Recamán e Ana Rodríguez González, de 5º de primaria do CEIP Plurilingüe A Pedra; Antía Leal Iglesias, Lucas Chapela Estévez e Xavi Santaclara Martínez, de 6º de primaria do CEIP A Pedra; Manuel Soliño Iglesias, de 5º de primaria do CEIP de A Torre de Cela; Antía Riobó Cerviño, de 6º de primaria do CPR Virxe Milagrosa; Rosana Martínez Reiriz, de 61 de primaria do CEIP Plurilingüe Montemogos de Beluso; e Daniel Moital Pastoriza, de 1º da ESO do IES Johán Carballeira. Ao certames presentáronse 108 viñetas e ilustracións e máis de 61 microrrelatos, biografías e poemas.
O obxectivo destes certames é sensibilizar ao alumnado sobre a situación laboral das mulleres e a (des)igualdade de oportunidades no traballo.