No evento participan trece locais hostaleiros da vila que ofrecerán as súas tapas entre o 9 e o 18 de setembro a un custe de 2.50 €.
Nesta iniciativa participan un total de trece locais hostaleiros, que ofrecerán os seus petiscos gastronómicos inspirados en películas, e que se poderán degustar tanto ao mediodía como pola noite, nos horarios estipulados. Concretamente participan A Cepa, Buena Vibra, Casa Quintela, Casa Videira, Esmorga, Morriña, Noite Tapas, O Farol, O Ratiño Pequeño, Pyramis, Secretos del Mar, Volver e Casa Benito.
Ademais, a clientela terá a posibilidade de gañar un dos tres vales de 50 € para consumir na hostalaría. As persoas que desexen participar neste sorteo deberán completar o selado das cinco estrelas do cupón, ao ir degustando as diferentes propostas, e entregalo na Oficina de Turismo de Bueu.
Toda a información sobre os locais participantes, os horarios e as tapas, poderase consultar na web do Concello de Bueu, concretamente en “Ruta das Tapas 2022”.