O peirao de Bueu acollerá este domingo a XI Bandeira de Traineiriñas
- O domingo disputarase o campionato partir das 10.30 horas no peirao da vila
O peirao de Bueu acollerá este domingo a XI Bandeira de Traineiriñas do Concello de Bueu, que se desenvolverá a partir das 10.30 horas. Precisamente, este xoves tivo lugar a rolda de prensa, na que participaron Félix Juncal, alcalde da vila, e Javier Pazos, da directiva do Club do Mar Bueu- Simei,
O evento arrancará ás 10.30 horas coa bandeira, na que participarán embarcacións das zonas norte e sur das categorías cadete feminina, cadete masculina, xuvenil feminina, xuvenil masculina, absoluta feminina e absoluta masculina. Segundo salientan dende o club bueués, é a primeira edición da Liga Galega de Traineiriñas, polo que participarán unha gran cantidade de deportistas.
Na regata, que abre a Liga Galega de Traineiriñas, está prevista a asistencia de dezanove barcos cadetes, dez xuvenís, e trinta cinco séniors. Deles, haberá sesenta e catro equipos e prevese que o peirao se encha con preto de 500 remeiros e remeiras.
O percorrido será de 3500 metros e os longos variarán segundo as categorías, saíndo do peirao da vila cara a praia de Lapamán.
