O Concello incorpora 13 traballadores/as polo Plan de Activación do Emprego da Deputación
O Concello de Bueu incorporou a pasada semana ao novo persoal do Plan de Activación do Emprego. Serán en total trece persoas que completarán as brigadas municipais nas diversas áreas, concretamente dous oficiais de albanelería, un oficial de carpintería, un oficial electricista, un oficial de fontanería, dous peóns de desbroces, dous peóns de limpeza e unha administrativa. O persoal traballará durante seis meses e 35 horas semanais e a súa contratación finánciase con cargo á Deputación Provincial de Pontevedra.
Silvia Carballo, concelleira de persoal, e Isabel Quintás, edil da área de limpeza, mantiveron unha reunión co novo persoal no salón de plenos para explicarlles o funcionamento do Concello e os seus labores.
O goberno local agarda que con este persoal poidan reforzarse as rozas da maleza polos diversos lugares, arranxo de beirarrúas, parques e xardíns, mobiliario urbano e outras actuacións de mantemento e mellora nas diversas áreas.