Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu convoca este xoves unha reunión cos colectivos culturais e deportivos

O Concello de Bueu, a través da Alcaldía e das concellarías de facenda e de cultura e deportes, convoca este xoves, 11 de decembro, unha reunión informativa coas asociacións culturais e deportivas para presentar as convocatorias de subvencións. A xuntanza terá lugar ás 19.00 horas no salón de plenos da Casa Consistorial.