Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Listaxe de admitidos/as para o Concilia Bueu 2025

O Concello de Bueu publica o anuncio de persoas admitidas e a listaxe de agarda para o programa “Concilia Bueu 2025”, que se desenvolverá do 23 de xuño ao 5 de setembro de 2025.

A efectos de informar sobre a organización e xestión do programa, convócase a todos os pais/nais dos/as nenos/as admitidos/as a unha REUNIÓN, que terá lugar O MARTES 17 DE XUÑO DE 2025, ÁS 18.00 HORAS, NO CENTRO SOCIAL DO MAR.

As admitidas/os deberán aboar o pago correspondente que será o seguinte:

1º quenda: do 23 ao 30 de xuño de 2025…………12,5 €

2º quenda: do 1 ao 31 de xullo de 2025……………50 €

3º quenda: do 1 ao 29 de agosto de 2025…………50 €

4º quenda: do 1 ao 5 de setembro de 2025……….12,5 €

Para realizar o pagamento débese recoller o recibo na Oficina de Xestión Tributaria do Concello de Bueu (Eduardo Vincenti 51, Bueu) A PARTIR DO MÉRCORES 18 DE XUÑO e realizar o seu pago nunha entidade bancaria. O recibo estará a nome da nai/pai/titor/a que presentou a solicitude. Tamén se pode realizar o pagamento na Oficina Virtual Tributaria do Concello de Bueu: https://bueu.tributoslocales.es/ga/

No caso no que sexa outra persoa distinta ao solicitante a que recolla o recibo deberá aportar DNI orixinal da persoa solicitante ou fotocopia do DNI da solicitante e unha autorización asinada.

A copia do recibo pagado deberá xuntarse xunto coas autorizacións no Rexistro Xeral ou na sede electrónica do Concello de Bueu.

O servizo de comedor deberá xestionalo cada familia interesada coa empresa Arelas Catering e ten un custe de 5 €/día, que deberán pagalo por anticipado. O menú está composto por un primeiro e segundo prato, postre (iogur ou froita) pan e auga. Os que vaian a facer uso deste servizo na primeira quenda que contacten canto antes co servizo de catering para que poidan ter as previsións de asistentes. Contacto: 986 408 151 ou calidad@arelas.es.

Se algún solicitante non aparece na listaxe, poñerse en contacto cos Servizos Sociais Comunitarios, de forma presencial, no teléfono 886124816 ou en benestarsocial@concellodebueu.gal.