Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Formulario de Inscrición

O Concello de Bueu organiza o sábado 3 de abril unha charla sobre o estigma das enfermidades mentais, que terá lugar ás 12.00 h na Sala Multiusos do Centro Social do Mar. A bueuesa Irene López Gutiérrez, graduada en Bioquímica pola Universidade Complutense de Madrid, será a encargada de dar esta conferencia que tratará sobre o estigma das enfermidades mentais e a falta de tratamentos eficaces, a través dunha viaxe interior ao noso cerebro. A actividade englóbase no marco do proxecto ‘Bueu sausable’ no que se organizarán máis charlas sobre a saúde durante as próximas semanas.