XXV Romaría das Letras en Sanamedio
Evento xa rematado
-
Data
17 mayo, 2026
-
Hora
12:00 pm - 9:00 pm
O Concello de Bueu celebra o 17 de maio a XXV Romaría das Letras Galegas no lugar de Sanamedio, unha proposta que centra a programación desta data e que se complementará con outras actividades variadas.
A Romaría terá lugar durante todo o día no Adro de Sanamedio (en caso de chuvia trasladarase á Casa do Pobo de Beluso) e nela incluirase o II Festival dos Grupos Folclóricos de Bueu, unha proposta nacida o pasado ano e que busca poñer en valor o enorme patrimonio musical tradicional da vila. Así, ás 12 horas comezarán as actuacións dos grupos A Quinta Ferreña, Novos Ventos e Os Mulos, e pola tarde, a partir das 17 horas, os de Cantadela de Meiro, Os Liboreiros e Retrouso de Cela. Entre ambas actuacións haberá xantar no recinto, micrófono aberto de Begoña Caamaño, e xogos populares a partir das 16.00 horas. A xornada clausurarase ás 20 horas co concerto de Acordeireta, un dúo conformado por Patricia González e Alejandro Balbuena no que se xuntan o acordeón e a pandeireta para presentar o seu novo disco “Baixo os remendos, nós”.