Xornada formación sobre apoios para a aula
Evento xa rematado
-
Data
27 mayo, 2025
-
Hora
4:00 pm - 5:30 pm
O Servizo de Atención Temperá de Bueu organiza o 27 de maio unha xornada de formación para coñecer os tipos de apoio que favorecen a inclusión de crianzas con dificultades de aprendizaxe en aula. É aberta para profesionais implicados con nenos/as de 0 a 6 anos, e tamén poden acudir estudantes deste ámbito.
A actividade desenvolverase dende as 16.00 ás 17.30 horas na sala de reunións de Benestar Social.
As inscricións deberán facerse antes do 22 de maio no teléfono 628867812, no enderezo electrónico sat.bueu@coescoformacion.com