Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Xornada de reducción da sinistralidade no sector da construción

Fundación Laboral de la Construcción de Galicia celebrará no Concello de Bueu (Pontevedra) o 16 de abril unha nova xornada sobre o proxecto BENSEGURO, dirixido a reducir a sinistralidade laboral no sector. 

Orientada tanto a profesionais da construción como a público xeral interesado en coñecer este programa impulsado pola entidade paritaria e a Xunta de Galicia, a charla informativa terá lugar ás 19.00 horas no 1º andar da Biblioteca Municipal Torrente Ballester do Concello de Bueu

O programa da xornada comezará ás 19.00 horas cunha presentación sobre os obxectivos de BENSEGURO, a cargo de Luis Vázquez de Soto, responsable de Seguridade e Saúde de FLC Galicia. A continuación, Mónica Varela Novo, técnica do programa, mostrará exemplos de riscos laborais atopados en obras menores durante as visitas realizadas polo servizo de asesoramento en seguridade e saúde laboral. A charla pecharase cunha quenda de rogos e preguntas.

O proxecto BENSEGURO, pioneiro en España, está dirixido a reducir a sinistralidade laboral no sector da construción, con especial atención ás obras menores, que concentran un maior volume de accidentes.