Xornada de prevención de atropelos para persoas maiores
-
Data
20 mayo, 2026
-
Hora
11:00 am - 1:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
Dende a Subdelegación do Goberno en Pontevedra, coa colaboración do Concello de Bueu, vaise organizar unha xornada de prevención de atropelos para persoas maiores. O evento vai ter lugar o próximo 20 de maio no Centro Social ás 11.00 horas e entregaranse chalecos ás persoas asistentes.
As inscricións deberán facerse a través do correo electrónico comunicacion@concellodebueu.gal ou no teléfono 986390029 (ext. 2).