Xornada «Comprender o noso pasado, mellorar o noso presente» do CSIC
-
Data
21 abril, 2026
-
Hora
Evento todo o día
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
O Instituto de Ciencias del Patrimonio (INCIPIT) do CSIC, ten en marcha «XSCAPE- Material Minds, un proxecto internacional que investiga como o entorno e os obxectos que nos rodean modifican a nosa forma de pensar e procesar a información.
No marco dese proxecto, o próximo 21 de abril desenvolverase en Bueu unha sesión experimental para a que é preciso inscricion previa a través do enderezo electrónico cultura@concellodebueu.gal. Todas as persoas participantes nesa sesión recibirán 25 € polo recoñecemento á súa contribución co proxecto.
Toda a información do proxecto pode atoparse na súa páxina web.