XL Campionato Galego de Bateis
-
Inicio
19 abril, 2025
10:30 am -
Fin
20 abril, 2025
1:00 pm
- O sábado 19 de abril serán as clasificatorias ás 10.30 horas, mentres que o domingo se disputarán as finais a partir das 11 horas no peirao da vila
O peirao de Bueu será o escenario dunha das probas do calendario de bateis máis importantes. Esta fin de semana, 19 e 20 de abril, disputarase na vila morracense o XL Campionato Galego de Bateis, que organiza a Federación Galega de Remo, o Club do Mar Bueu- Simei e o Concello de Bueu, co apoio da Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra.
O campionato disputarase a dobre xornada: o sábado terán lugar as clasificatorias a partir das 10.30 horas, e o domingo, as finais, que se poderán seguir dende as 11.00 horas, e no que participarán noventa e seis barcos participantes, de 14 clubs do norte e 11 do sur. Deste evento sairá a clasificación dos que irán ao Campionato de España de Bateis que se celebrará en Castro Urdiales.