Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Xira Galega de Balonmán Praia

A praia da Banda do Río acollerá a Xira Galega de Balonmán Praia, con catro pistas de xogo, e constará de catro probas ao longo dos meses de xuño e xullo:

  • Proba 1 – Torneo Deputación de Pontevedra Clasificatorio Arena 1000: do 12 ao 15 de xuño
  • Proba 2 – Proba Xunta de Galicia: do 26 ao 29 de xuño
  • Proba 3 – Proba Concello de Bueu: do 10 ao 13 de xullo
  • Proba 4 – Proba Turismo Rías Baixas: do 24 ao 27 de xullo

Cada unha destas etapas contará con máis de 90 equipos participantes e un total estimado de 1.200 xogadores e xogadoras, divididos/as en cinco categorías masculinas e femininas: alevín, infantil, cadete, xuvenil e sénior.

Este circuíto é posible grazas ao apoio institucional da Consellería de Deportes e Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, da Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas, así coma a dos concellos de Bueu e Sanxenxo, así como ao labor organizativo do Bueu Atlético Balonmán.

A Xira Galega de Balonmán Praia Xunta de Galicia 2025 reafirma o compromiso da Federación Galega de Balonmán coa promoción desta espectacular modalidade, achegando o balonmán a todas as idades e facendo de Galicia un referente estatal no balonmán praia.

Animamos a toda a cidadanía a achegarse hoxe mesmo á Praia Banda do Río e vivir o espectáculo do balonmán praia ao longo de todo o verán, nun circuíto feito por e para o noso deporte.