Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Workshop sobre a valorización de descartes pesqueiros

Evento xa rematado

A Sala Multiusos do Centro Social do Mar de Bueu acolle o 27 de xuño un workshop sobre a valorización de descartes pesqueiros, organizado pola Organización de Produtores de Pesca do Porto e Ría de Marín.

A xornada terá lugar dende as 10.00 ás 14.00 horas e vai especialmente dirixida a persoas que traballan no sector pesqueiro e que estean interesadas na lexislación sobre a obriga de desembarque e nas posibles saídas para os descartes pesqueiros.