Verán na rúa: Zirko Tkosko- Távole
Evento xa rematado
-
Data
12 agosto, 2025
-
Hora
8:30 pm - 9:30 pm
-
Praza Massó
Praza Massó, s/n, 36930, Bueu
O Concello de Bueu, a través da concellaría de cultura, organiza este mes de agosto o ‘Verán na rúa’, un proxecto con espectáculos para a cativada que incluirá diversas disciplinas como monicreques ou malabares.
As actividades de espectáculos desenvolveranse todos os martes de agosto a partir das 20.30 horas na Praza Massó. O obxectivo é ofrecer alternativas de lecer para os pequenos e pequenas e para compartir en familia durante o verán.
O 12 de agosto, co apoio do programa + Escénicas da Deputación de Pontevedra, será a quenda do Zirko Tkosko e o espectáculo “Távole”, que nos leva a un mundo de humor e reflexión. Inspirado nos problemas da sociedade actual, e a través da linguaxe universal do circo, dous personaxes chegarán á conclusión de que a única solución a estes problemas é a convivencia, a comunicación e o respeto.