Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Verán na rúa: «Muu Cruch 2»

Evento xa rematado

O 20 de agosto a Praza Massó acollerá ás 21 horas o espectáculo “Muu Crunch 2” no que volven os dous superheroes máis queridos do circo nunha nova aventura que incluirá unha viaxe temporal aos seus comezos: volver á escola por non sacar o título. Aí terán que vivir novos inimigos, novas aventuras, novos desafíos, nun espectáculo familiar cheo de malabares, caídas, golpes, risas e equilibrios imposibles.

Esta actividade está organizada polo Concello de Bueu no marco do programa «Verán na rúa».