Verán na rúa: Henriko- Circo Cambuche
Evento xa rematado
-
Data
26 agosto, 2025
-
Hora
8:30 pm - 9:30 pm
-
Praza Massó
Praza Massó, s/n, 36930, Bueu
O Concello de Bueu, a través da concellaría de cultura, organiza este mes de agosto o ‘Verán na rúa’, un proxecto con espectáculos para a cativada que incluirá diversas disciplinas como monicreques ou malabares.
As actividades de espectáculos desenvolveranse todos os martes de agosto a partir das 20.30 horas na Praza Massó. O obxectivo é ofrecer alternativas de lecer para os pequenos e pequenas e para compartir en familia durante o verán.
O 26 de agosto poderase gozar de Henriko e o “Circo Cambuche” no que se recupera en clave de traxicomedia, a historia dun antigo circo do século pasado, O Circo Cambuche.