Universo de contos: «A ra de tres ollos», «Xela superheroína da aldea», «El último árbol» e «¿Qué le pasa al planeta?»
Evento xa rematado
-
Data
7 agosto, 2024
-
Hora
12:00 pm - 1:00 pm
-
Banda do Río
Rúa Banda do Río
O 7 de agosto desenvolverase unha nova sesión de «Universo de contos» organizado pola Libraría Abrente coa colaboración do Concello de Bueu. A partir das 12 horas, na explanada da Banda do Río, os máis pequenos e pequenas poderán escoitar os contos A ra de tres ollos, Xela superheroína da aldea, El último árbol e ¿Qué le pasa al planeta?
O programa «Universo de contos» está deseñado especialmente para o público infantil, co obxectivo de fomentar a paixón pola lectura desde unha idade temperá. A través da lectura n voz alta e a exploración de temas relevantes, búscase entreter aos nenos e nenas e inspiralos, facer voar a súa imaxinación e axudalos a comprender a importancia das relacións sociais respectuosas e coidado do medio ambiente.
Durante catro sesións temáticas, a cativada descubrirá os tesouros da literatura que celebran valores como a amizade, as emocionantes aventuras, a inmensidade do mar e a importancia do coidado do noso planeta