Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Sector Nacional de clubes infantil feminino de balonmán

Evento xa rematado

O Pavillón Municipal Pablo Herbello acolle os días 16, 17 e 18 de maio a primeira fase do Sector Nacional de clubes Infantil Feminino de balonmán no que está en xogo unha plaza para disputar o top 8 do Sector Nacional que proclamará ao equipo campión de España da categoría.
O equipo Área de Servicio Lapamán Bueu Atlético, actual campión galego da Liga Ouro, quedou encadrado no grupo A e enfrontarase no Pavillón Pablo Herbello ao SR Dominicos (Zaragoza), Balonmano Tahiche (Lanzarote) e EKA Malkaitz A (Navarra).
Por primeira vez nos 48 anos de historia do Bueu Atlético Balonmán, un equipo feminino logra a clasificación para xogar o Sector Nacional, e dende o clube fan un chamamento para encher o Pablo Herbello e animar ás nosas nenas. A entrada será de balde.

Os horarios dos partidos son os seguintes:

Venres 16:

18:30h: EKA Malkaitz A vs SR Dominicos

20:30h: A.S. Lapamán Bueu Atlético vs CB Tahiche

Sábado 17:

18:30h: EKA Malkaitz A vs CB Tahiche

20:30h: A.S. Lapamán Bueu Atlético vs SR Dominicos


Domingo 18:

10:00h: CB Tahiche vs SR Dominicos

12:00h: A.S. Lapamán Bueu Atlético vs EKA Malkaitz A