Ruta de sendeirismo por Ermelo
Evento xa rematado
-
Data
24 julio, 2024
-
Hora
10:30 am - 12:30 pm
O Concello de Bueu organiza dúas rutas de sendeirismo durante este mes de xullo, coas que se pretenden fomentar os hábitos saudables e, ao mesmo tempo, dar a coñecer o patrimonio natural e cultural da vila.
A primeira delas será o 24 de xullo por Ermelo, con saída dende a propia igrexa ás 10.30 horas, e terá unha duración de dúas horas.
As inscricións son gratuítas e deberán facerse na Oficina de Turismo, no teléfono 986390029 (ext. 5), ou no enderezo electrónico turismo@concellodebueu.gal