Roteiro «A música de raíz na cultura do viño»
Evento xa rematado
-
Data
3 julio, 2026
-
Hora
7:00 pm - 7:00 pm
O venres 3 de xullo ás 19.00 horas, no marco da XX Festa do Viño Tinta Femia de Cela, organizarase un roteiro co investigador e músico Xavier Blanco da Fundación Legar no que se explicará a música de raíz e a súa relación coa cultura do viño. Nesta actividade, que se estreou o ano pasado con éxito de participación, proponse unha viaxe sonora polos espazos de Cela vencellados á tradición vitivinícola, onde a música de raíz se mestura cos labores do campo, cos parrafeos das vendimas e cos sons espontáneos das adegas. Esta recreación sonora é unha homenaxe viva á tradición, á creatividade popular e ao papel social do viño como punto de encontro, memoria e celebración.