Proxecto ‘Bueu en imaxes’
-
Inicio
29 octubre, 2025
10:00 am -
Fin
26 enero, 2026
7:00 pm
- A iniciativa “Bueu en imaxes” busca recompilar fotos antigas para reivindicar a memoria individual e colectiva da vila
O Concello de Bueu, coa colaboración do Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU), busca imaxes antigas para constituír un arquivo fotográfico da vila, unha iniciativa que ten como obxectivo recuperar e conservar a memoria fotográfica. A iniciativa leva por título “Bueu en imaxes”, polo que se anima á cidadanía a participar.
O proxecto nace dende o consistorio coma unha forma de reivindicar a memoria individual e colectiva, de analizar a historia local a través das imaxes e de tentar construír un fondo que poida estar a disposición de calquera persoa que o desexe consultar. Para iso se contará co equipo do FICBUEU, que colaborarán na dixitalización das imaxes que a cidadanía vaia traendo e dende onde tamén intervirán nos centros educativos.
A idea deste ano é recompilar as imaxes relacionadas con costumes e tradicións, e o plan é poder desenvolver a actividade nos próximos anos con outras temáticas.
A veciñanza poderá entregar as fotografías para dixitalizalas a partir do luns, 27 de outubro, e ata o 26 de xaneiro. O horario será os luns de 10 a 19 horas na entrada da Biblioteca Municipal de Bueu.