Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Shortcutz Amsterdam

Evento xa rematado

FICBUEU – Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu volve formar parte do Shortcutz Amsterdam International Audience Award, unha iniciativa que conecta ao público de todo o mundo co mellor da curtametraxe neerlandesa contemporánea.Organizado por Shortcutz Amsterdam, este premio do público internacional convida ás audiencias de máis de 25 cidades de todo o mundo a descubrir e votar polas súas curtametraxes favoritas entre as seis nominadas a Mellor Curtametraxe do Ano. Entre as cidades participantes nesta edición destacan Lisboa, Johannesburgo, Belgrado, Edimburgo, Londres, Lima, Budapest, Rotterdam ou Maputo.En España, Bueu consolídase unha vez máis como punto de referencia deste circuíto internacional, grazas á colaboración do FICBUEU, que aposta pola curtametraxe como formato clave para o descubrimento de novos talentos.
Proxección en Bueu. A sesión terá lugar o 16 de xaneiro ás 21:00H no Centro Social do Mar. O público poderá votar pola súa curtametraxe favorita, contribuíndo á decisión final do Premio do Público Internacional.