Proxección filme ‘No other land’
Evento xa rematado
-
Data
30 octubre, 2025
-
Hora
8:30 pm - 10:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
- O filme poderase ver de balde a partir das 20.30 horas no Centro Social do Mar
O Concello de Bueu organizará este xoves, 30 de outubro, a proxección do documental ‘No other land’, que se poderá ver de balde ás 20.30 horas no Centro Social do Mar.
O filme, dirixido por Basel Adra, Rachel Szor, Yuval Abraham, e Hamdan Ballal, e que gañou o Óscar ao mellor documental no 2024, é un acto de resistencia creativa na busca de xustiza para o conflito palestino – israelí, profundando nunha guerra que vive o seu peor momento e que ten moitas capas. Nel cóntase como Basel Adra, un activista mozo palestino de Masafer Yatta, Cisxordania, loita dende a súa infancia contra a expulsión masiva sa súa comunidade polas autoridades israelís. A película documenta a erradicación a cámara lenta dos pobos da súa rexión natal, onde os soldados despregados polo goberno israelí derruban as casas e expulsan aos seus habitantes.
Dende o consistorio organízase esta actividade en apoio á causa palestina e anímase a toda a veciñanza a ver o filme.