Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección documental «DÉP. Destruír É o Plan»

Evento xa rematado

  • O filme poderase ver a partir das 20.30 horas no Centro Social do Mar e incluirá un coloquio con Manuel Marín, voceiro de Sos Sanidade

O Concello de Bueu e a Plataforma Sos Sanidade Pública organizan este xoves, 4 de xullo, a proxección do documental “DÉP. Destruír É o Plan”, que se poderá ver de balde a partir das 20.30 horas no Centro Social do Mar.

O filme, que xoga co acrónimo DEP de “Descanse en Paz” convertido a “Destruír é o plan”, aborda os motivos polos que a morte evitable está aumentando en Galicia. Trátase dun vídeo cunha duración de 70 minutos, ameno e áxil que conta coa colaboración de expertos e profesionais sanitarios así como entrevistas con testemuñas que están a sufrir as consecuencias do colapso do noso sistema sanitario.

O documental explica o enorme deterioro da atención primaria, con grandes listas de agarda, colapsos recorrentes nos servizos de urxencias, peche de camas, a non reposición de especialistas, o abandono das zonas rurais …

Trala proxección, tamén está previsto un coloquio con Manuel Martín, voceiro de Sos Sanidade.