Proxección Cineclub: «Unha nai de Toquio»
-
Data
27 marzo, 2026
-
Hora
9:00 pm - 11:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
O Cineclub Bueu proxectará o 27 de marzo o filme «Unha nai de Toquio» de Yôgi Yamada, que se poderá ver ás 21.00 horas no Centro Social do Mar. A entrada será de balde para persoas socias e de 2.00 € para as non socias.
SINOPSE: O traballo de Akio Kanzaki como xefe de recursos humanos está acabando cos seus nervios. Para colmo, está a piques de divorciarse da súa muller e a relación coa súa filla universitaria non é precisamente fluída. Un día, para relaxarse, decide visitar a súa nai no barrio antigo do centro de Toquio. Pero deseguido nota que algo cambiou e todo lle parece un pouco raro.