Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub: «Soy Nevenka» de Icíar Bollaín

O Cineclub Bueu proxectará o 21 de novembro o filme «Soy Nevenka» de Icíar Bollaín, que se poderá ver ás 21.00 horas no Centro Social do Mar. A actividade insírese no marco das actividades polo Día Internacional contra as Violencias Machistas, polo que a entrada será de balde.

SINOPSE: No ano 2000, Nevenka Fernández, de 24 anos, concelleira de facenda no Concello de Ponferrada, sofre unha persecución tanto sentimental como profesional por parte do alcalde, un home acostumado a facer a súa vontade no político e no persoal. Nevenka decide denunciar, aínda que sabe que deberá pagar un prezo moi alto: o seu entorno non a apoia, a sociedade de Ponferrada dálle as costas e os medios sométena a un xuízo público. O seu caso inicia en España o movemento #metoo moito antes de que se invente o termo. Unha historia baseada en feitos reais que converte á súa protagonista nunha pioneira ao levar por primeira vez a un político influínte e popular ante os tribunais por acoso sexual e laboral.