Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub: «Por todo o alto»

O Cineclub Bueu proxectará o 12 de decembro o filme «Por todo o alto» de Emmanuel Courcol, que se poderá ver ás 21.00 horas no Centro Social do Mar. A entrada será de balde para persoas socias e de 2.00 € para as non socias.

SINOPSE: Thibaut é un director de orquestra de renome internacional que viaxa polo mundo. Cando se decata de que é adoptado, descubre a existencia dun irmán, Jimmy, un empregado dun comedor escolar que toca o trombón nunha banda de música no norte de Francia. Ao parecer todo os separa, agás o amor pola música. Ao detectar as excepcionais habilidades musicais do seu irmán, Thibaut proponse reparar a inxustiza do destino. Jimmy entón comeza a soñar con outra vida…