Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub: «Hamada»

O Cineclub Bueu proxectará o 27 de febreiro o filme «Hamada» de Eloy Domínguez Serén, que se poderá ver ás 21.00 horas no Centro Social do Mar. A entrada será de balde para persoas socias e de 2.00 € para as non socias.

SINOPSE: un campo de minas e o segundo muro militar máis grande do mundo separan a Sidahmed, Zaara y Taher da súa patría, que só coñecen a través das historias que lles contan os seus pais. Eles pertencen ao pobo saharaui, unha das comunidades máis esquecidas do mundo, abandonados nun campamento de refuxiados en medio do deserto despois de que Marrocos os expulsase do Sáhara Occidental hai máis de corenta anos. Os nosos mozos protagonistas pasan os seus días arranxando coches, a pesar de que realmente non os poden levar a ningunha parte, loitando por un cambio político que nunca chega e soñando cun futuro que probablemente non vai ocorrer. Con todas as expectativas, enerxía e ilusións da mocidade, soñan con elevarse cobre as fronteiras físicas que os rodean.